Cervo, 22 de maio de 2025. O colexio CEP Pintor Sorolla de Alacante foi escenario do encontro profesional entre docentes de cinco colexios de distintas comunidades autónomas que participan no proxecto educativo “Cada gota cuenta”, enmarcado no programa Agrupacións de Centros Escolares do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Durante tres días, o centro alacantino recibiu a docentes de catro institucións educativas de distintas comunidades do estado: o C.R.A. Lena (Asturias), o CEIP Tagoror (Gran Canaria), o CEP Antonio Ulloa (Cartagena) e o galego CEIP de Cervo.
Esta iniciativa común ten como obxectivo principal promover a concienciación sobre o aforro e a conservación da auga, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola Axenda 2030.
Durante o encontro, docentes dos centros educativos compartiron experiencias, estratexias e actividades desenvolvidas nas súas respectivas aulas para fomentar a sustentabilidade e a inclusión educativa. “Cada gota cuenta” non só persegue sensibilizar ao alumnado sobre o valor da auga como recurso limitado, senón que tamén busca fortalecer os lazos entre comunidades escolares diversas, poñendo no centro a equidade e a participación activa.
Os colexios participantes, procedentes de diferentes comunidades, traballaron colaborativamente durante todo o curso no deseño de proxectos interdisciplinares e de Aprendizaxe-Servizo que integran o coidado do medio ambiente con metodoloxías inclusivas e participativas, co fin de contribuír á concienciación do alumnado e ao seu desenvolvemento como cidadáns responsables e implicados no coidado e protección do noso planeta.
O evento contou con talleres formativos, exposicións de boas prácticas e espazos de diálogo, consolidando unha rede de docentes comprometidos cunha educación transformadora e sostible. Desde o CEP Pintor Sorolla, autoridades locais como inspección educativa, destacaron a importancia deste tipo de iniciativas que non só enriquecen a práctica docente, senón que tamén constrúen unha cidadanía máis consciente e responsable.
Este encontro marca un fito no desenvolvemento do proxecto “Cada gota cuenta” e senta as bases para futuras colaboracións interterritoriais centradas na educación en valores, a sustentabilidade e a inclusión.
«Cada gota cuenta» busca implementar metodoloxías activas e fomentar as aprendizaxes no ámbito STEAM, incluíndo a robótica e o pensamento computacional. Esta iniciativa, que se desenvolve ao longo de dous anos, culminará en maio de 2026 cunha mobilidade do alumnado aos Pireneos.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



