Burela, 29 de maio, 2025. Tras unha tempada dura e chea de incerteza para o club mariñán, onte ás 20.30h celebrouse a asemblea para a proclamación da nova xunta directiva que permitirá continuar escribindo unha historia deportiva moi especial e importante para a localidade de Burela e a comarca da Mariña. Á fronte deste grupo de persoas que tomarán as rendas da entidade, o vixente vicepresidente, José Luis Sáez será o novo presidente, xunto a Yolanda Álvarez Carro como tesoureira, Rocío Corral Ladra como secretaria e Auditor Rodríguez Lombardía, Luis Antonio Guillén Menéndez, Iago Pernas Álvarez, María José Otero Cociña, Marcelino Luna Almarza, Juan Antonio López González e Juan José Eiroá Bermúdez, como vogais.
Ábrese a asemblea coa emotiva despedida do vixente presidente do club, Manuel Blanco Fanego, dando a benvida á nova directiva e agradecendo á mesma, así como aos seus antigos compañeiros que o acompañaron ata o momento ao longo de tantos anos, tamén a colaboradores e facendo unha mención especial á súa familia que o apoiou en todo momento na súa longa traxectoria como presidente do club. Desde o CD Burela FS agradecemos a grandísima labor que fixo durante estes 24 anos “nos que levou ao club todo o máis alto”, tomando prestadas as palabras que o novo presidente, José Luis Sáez Castro, dedicou ao seu antecesor ao comezo do seu discurso, que continuou ao de Manuel Blanco. Prosegue José Luis, agradecendo a todas as persoas “que o van acompañar nesta aventura, pola súa valentía e determinación para que este proxecto non morra”. Agradece profundamente a súa implicación “xa que a cabalo gañador é fácil subirse, o difícil é afrontar situacións delicadas e por iso teñen o meu respecto e agradecemento”.
Destaca a continuación “o aguante e inestimable axuda de todos e todas os/as profesionais do club, administración, prensa, RRSS, márketing, área social, monitores das escolas, delegados, corpos técnicos e corpos médicos” pola súa implicación, con especial mención a estes últimos que fixeron unha labor importantísima nesta tempada 24/25 na que a situación dos plantéis, especialmente o do equipo masculino ao contar con poucos xogadores, chegaron ata o final en perfectas condicións.
Tamén agradece o soporte de provedores coma Carreiras, O Catalán, Living Sport, Grupo Forma-T, Halcón Viajes, Cafetería Vista Alegre, 3A Consultores, Gasolineira Vista Alegre ou Autos Llano, entre outros, que axudaron ao club para saír adiante nesta difícil situación.
Agradece ás plantillas profesionais, que loitaron igualmente e ségueno facendo, adaptándose á nova realidade económica do club. Comeza agradecendo a Julio Delgado e ao plantel do equipo feminino por todos os títulos acadados este ano “que nesta situación teñen dobre valor e estamos seguros de que loitaredes pola liga e traerédela a Burela unha vez máis”. Agradece con especial emotividade a David Rial, adestrador do equipo masculino, “míster traballador, serio, pero sempre cun sorriso, mereces todo o bo que che ocorra neste mundo do deporte. Cunha plantilla moi curta e un orzamento de segunda división alcanzou algo impensable, chegar á última xornada vivos. Os resultados non acompañaron, pero ti, o teu corpo técnico e xogadores debedes estar moi orgullosos do traballo realizado, do mesmo xeito que o estamos eu, o club e tantos afeccionados”.
Continúa agradecendo ás administracións, Consellerías do Mar, Turismo de Galicia e Secretaría Xeral para o Deporte de Xunta de Galicia; á Deputación de Lugo, agradece ao presidente José Tomé e ao vicepresidente e responsable da área de deportes, Efrén Castro. Agradece especialmente ao Concello de Burela “que se envorcou en axudarnos”.
Como mención especial, agradece a Nando López, xerente do club, o seu labor durante estes difíciles meses de tanta incerteza, “sen todo o traballo que realizou desde o mes de novembro, hoxe non estariamos aquí, sacrificando o seu tempo libre e a súa familia, sen cobrar como os demais e dando a cara en todos os contextos. É para min un orgullo poder contar con el, máis aló dun profesional do club, é un amigo leal”.
Tamén destaca o traballo de membros da vixente xunta directiva, como Alfredo Veiga, Manuel Blanco ou Alba Vila, entre outros, que contribuíron con achegas e préstamos para axudarnos a estar aquí e que se ofreceron para seguir colaborando co club no que sexa necesario.
Non se esquece de “a marabillosa afección que temos. Sen eles nada do que estamos facendo para sacar adiante o club tería sentido. Sempre estades aí”. Agradece igualmente ás nais e pais dos nenos e nenas das Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS, “que colaboran desinteresadamente en desprazamentos e axudando nas tarefas diarias da base, principalmente cos máis pequenos”.
Por último, destaca o apoio, cobertura e respecto dos medios de comunicación.
Tras todos os agradecementos, constata que “sairemos adiante cun orzamento digno, adecuando os gastos aos ingresos e facéndonos cargo das débedas que se xeraron con provedores e, en especial, cos traballadores”, que serán os primeiros da lista en recuperar a débeda.
Antes de pechar a sesión anuncia que se convocará canto antes unha asemblea extraordinaria para fixar cotas de socios e socias, organizar as Escolas Deportivas para a tempada 25/26 e outros aspectos do funcionamento do club.
No CD Burela FS, estamos moi contentos e orgullosos por poder continuar escribindo esa historia que non podía morrer hoxe e que continuará traendo tantas alegrías e emocións a este pequeno e humilde pobo de Burela.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


