Olalla Rodil “as traballadoras e usuarios non poden sufrir as consecuencias da política privatizadora do PP nas residencias de maiores”
Castro de Rei, 30 de maio de 2025. A deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego, Olalla Rodil, xunto coa concelleira do BNG de Castro de Rei, Olga García, mantiveron unha xuntanza coas traballadoras da residencia de maiores de Castro de Riberas de Lea (no concello de Castro de Rei).
Esta residencia é de titularidade da pública pero que a Xunta de Galiza privatizou. Neste sentido denunciaron que a Xunta de Galiza a única reforma que fixo en materia de atención ás persoas maiores en residencias foi a eliminación da obrigatoriedade de ter unha enfermeira 24 horas co que eso implica para a atención ás mesmas.
As traballadoras tamén mostraron a súa preocupación pola entrada de novos perfís de residentes para os cales non teñen protocolos nen formación para a súa atención.
O BNG defende unha vellez digna e un modelo de coidados que prime o benestar das persoas antes que os beneficios das empresas privadas. É un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de calidade, non se pode abandonar de este modo ás persoas usuarias. “Por iso imos trasladar ao Parlamento Galego as demandas tanto das traballadoras como tamén das persoas usuarias polos recortes que se están dando tanto no ámbito laboral como tamén no asistencial” manifestou a deputada nacionalista
“O dereito a unha vellez digna non pode ser convertido nun negocio” conclúe Rodil



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



