Míriam Bermúdez: “Modernizamos Parques e Xardíns para atender todo o concello. Agora só coidan os arredores da Praza Maior mentres as parroquias están cheas de silvas”
Viveiro, 31 de maio, 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro acusa ao actual goberno local de abandonar as parroquias no mantemento de camiños, zonas verdes e espazos públicos. A portavoz do BNG, Míriam Bermúdez, denunciou que “os desbroces chegan 10 veces máis ao centro que ao resto do concello”, convertendo o rural en territorio esquecido e sen atención.
“Despois de todo o que avanzamos, é incomprensible que as parroquias sigan sen desbrozar, mentres que no centro, repiten os mesmos traballos unha e outra vez”, lamenta Bermúdez.
Durante o mandato nacionalista, o servizo de Parques e Xardíns foi modernizado e reorganizado para atender todo o termo municipal, e non só o centro urbano. Entre as melloras impulsadas polo BNG destacan:
– Incorporación dun novo tractor desbrozador.
– Compra de novos desbrozadores e cortacéspedes.
– Engadido de biotrituradoras para tratar a biomasa.
– Mellora do punto limpo para xestionar os residuos vexetais xerados.
– Elaboración dun mapa de zonas a desbrozar, para optimizar os recursos e garantir que se chegue a todas as parroquias.
A formación nacionalista critica que, malia dispoñer de todos estes medios, o goberno local non sexa quen de manter limpas as parroquias. “Como é posible que agora Gueimunde non dea feito, se deixamos máis medios que nunca?”, pregúntase Bermúdez.
























No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



