Trabada, 5 de xuño de 2025. O Concello de Trabada colabora co recén creado Motoclube A Cadeira na organización da I Concentración Motera que terá lugar os días 21 e 22 de xuño na Praza do Concello e noutras localizacións do municipio.
Este evento prevé reunir a numerosos afeccionados ao mundo das dúas rodas chegados de toda Galicia e doutras comunidades, cun amplo programa de actividades para todos os públicos: exhibicións de pilotaxe, simuladores de MotoGP, sesións vermú con música en directo e DJ, ceas populares, rutas turísticas en moto, sorteos con premios e moito máis.
Entre os momentos máis destacados da fin de semana está a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora.
O encontro tamén contará cunha zona de acampada interior e exterior, servizo de taxi, food trucks, churrería, postos de merchandising e a participación do artista Iossu Black, recoñecido especialista en aerografía e tatuaxe.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xuño, contactando co número 647 606 774 (Noelia) ou escribindo ao correo motoclubeacadeira@gmail.com. Para formalizar a inscrición será necesario indicar o nome completo, DNI e enviar o xustificante de pago á conta bancaria facilitada pola organización.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que “queremos apoiar con forza ao noso tecido asociativo, como é o caso do novo Motoclube A Cadeira. Eventos coma este contribúen a dinamizar o noso concello, atraer visitantes e reforzar a identidade cultural e social de Trabada. Queremos que esta concentración sexa a primeira de moitas, e que se consolide como unha cita fixa para os amantes do motor”.
Desde o Concello de Trabada felicítase ao Motoclube A Cadeira polo seu traballo e compromiso coa organización dun evento desta magnitude, e convídase a toda a veciñanza e persoas visitantes a participar nesta fin de semana única onde motor, música e gastronomía serán os grandes protagonistas.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



