Ribadeo, 6 de xuño, 2025. Este venres 6 de xuño, en colaboración co colectivo VACAS FRACAS, a A.C. Francisco Lanza organizou a proxección do documental “Se canto é porque quero”, producido pola Real Academia Galega, e no que participou a veciña e amiga Alba López. Esta serie web documental está dedicada ás cantareiras, mulleres imprescindibles na transmisión da música e da poesía oral galega.
A serie componse de tres capítulos, centrados en distintas figuras que representan o legado oral galego. O primeiro está dedicado a Rosa e Adolfina Casás Rama, de Cerceda; o segundo ás Pandereteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e o terceiro a Eva Castiñeira, de Muxía. Esta produción xa pode verse na páxina web da Academia (academia.gal) e na súa canle de YouTube.
Tras a visión do documental, xs asistentes puideron escoitar o coloquio conducido pola propia Alba López, e no que participaron Carmen Maseda e Ugia Pedreira. Nel deron a súa visión da música e do traxe tradicional galegos. Ademais, un grupo de nenas da Asociación de Amigos da Gaita interpretaron varias pezas tradicionais dando mostras da transmisión xeracional.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



