Ribadeo, 15 de xuño, 2025. A A.C. Francisco Lanza organizou este sábado unha viaxe cultural á Ribeira Sacra. Estiveron en Castro Caldelas, o canón do Sil e Monforte.
En Castro Caldelas visitaron o seu castelo, unha fortaleza que Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos e Sarria, construiu entre os anos 1336 e 1343 para defensa das súas terras. Nel puideron ver o denominado Foro do Burgo, un dos documentos máis antigos que se conservan escrito en galego, no que o rei Alfonso IX outorga foro aos habitantes da vila de Castro Caldelas.
Realizaron tamén unha viaxe no catamarán que percorre parte do canón do Sil e desde el puideron observar o traballo inmenso feito polos homes e mulleres da zona para sacar adiante as súas vides. Desde aquí aproveitaron para lembrarlle á Deputación Provincial de Lugo que busque a maneira axeitada de lograr que, en Galiza, sexa posíbel visitar Galiza e coñecer as súas comarcas tamén en galego. “Non pode ser que só concibamos o turismo como actividade a desenvolver en castelán. Paisaxe xeográfica ben bonita, pero paisaxe lingüística mellorábel”.
Xa en Monforte, visitaron o Colexio da Nosa Señora da Antigua, coñecido como escola dos escolapios, a torre homenaxe e o mosteiro benedictino do S.XVI, agora parador de turismo.
De cara ao mes de setembro están comezando a preparar unha nova saída que vai ter como referente o mosteiro de Samos e a súa contorna.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



