A segunda etapa de laranxa da capitá péchase con 5 Ligas, 6 Copas da Raíña, 4 Supercopas, 4 Copas Galicia, 1 Recopa e 1 Champions, que se unen ao histórico dobrete logrado na súa primeira etapa como burelista, na campaña 2012/2013
Burela, 19 de xuño, 2025. Dany e o Burela FS separan os seus camiños despois dunha década espectacular cargada de títulos. A gran capitá laranxa márchase da disciplina burela logo de sumar 5 Ligas, 6 Copas da Raíña, 4 Supercopas, 4 Copas Galicia e as oficiosas Recopa e Futsal Women’s European Champions neste decenio, que se unen ao histórico primeiro dobrete -Liga e Copa- da entidade na tempada 2012/2013, a primeira de Dany como futbolista do cadro mariñao. Despois desa primeira experiencia como laranxa, que só durou unha tempada, a pívot hispano-brasileira regresou en xaneiro de 2016 para completar estas fenomenais e inesquecibles dez campañas cuxa guinda foi o ciclo vitorioso iniciado no ano 2019.
Daniela Domingos Lopes (São Paulo, 1984) entrou no radar do Burela FS despois das súas grandes actuacións no Valladolid e no histórico Cajasur Córdoba. Tralas grandes sensacións que deixou a potente pivote paulista no seu primeiro de laranxa e un curto paso de novo polo seu país, onde defendeu as cores do São Caetano e o Taboão dá Serra, Dany regresou á Mariña para enrolarse nun equipo que perdera potencial pola marcha de varias xogadoras importantes, pero que aos poucos foi recuperándose cal ave fénix para acabar sendo o gran dominador do fútbol sala español na actual década.
Os seus éxitos de laranxa, así como os 341 partidos e 220 goles en competicións da RFEF, chamaron a atención das seleccións de Brasil e España. Foi chamada polo combinado do seu país de nacemento para un partido en febreiro de 2021, pero este finalmente suspendeuse e isto acaboulle abrindo as portas da selección española, coa que debutou oficialmente o 3 de setembro dese mesmo ano en Praga, nun partido ante a República Checa no que anotou dous goles. Converteuse nunha asidua nas listas da seleccionadora Clàudia Pons e os seus mellores momentos con España chegaron en xullo de 2022 e marzo de 2023, cando, primeiro en Gondomar (Portugal) e despois en Debrecen (Hungría), colaboraba nas vitorias na segunda e a terceira Eurocopa da historia.
Dany sempre destacou pola súa fortaleza e capacidade de xerar perigo desde a posición de pívot, ademais de polo seu instinto goleador. A pesar de non ser demasiado alta, a súa potencia física sempre lle axudou a ser un auténtico quebradizo de cabeza para todas as peches que se enfrontaron á de São Paulo. Aínda que nos últimos cursos foi reducindo paulatinamente os seus algarismos anotadores -esta campaña pechou a liga regular e o play off en sete goles-, sempre destacou por saber regular moi ben os seus esforzos para acabar as tempadas, cando se disputan os títulos máis importantes, nun gran momento de forma. Algo que demostrou aínda este ano, cando foi unha peza chave na Copa da Raíña de Cartagena, onde as laranxas lograron o seu sétimo entorchado. Dany abriu a conta diante do Ourense Ontime en cuartos de final (5-0) e iniciou a remontada contra o Poio (1-2) nas semifinais cun gol cando xa restaban poucos minutos para a conclusión e no que mostrou outra das súas grandes calidades, a de ser a máis lista da clase para aparecer no momento e lugar axeitados e aproveitar un rexeite da porteira rival.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



