Segundo informa a Delegación de Medio Ambiente quedan 12 prazas libres para aprender, en só dúas horas, a aforrar ata un 30% de combustible e cartos mudando o xeito de conducir. O curso será o sábado 27 de novembro ás 10, ás 12, ás 16 e ás 18 horas na Casa do Mar. Os interesados poden anotarse na Axencia de Sostibilidade no Concello de Ribadeo, na seguinte dirección de correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org ou chamando ao teléfono 982 120 701.
O sábado 27 terá lugar en Ribadeo un novo curso de condución eficiente
O sábado 27 terá lugar en Ribadeo un novo curso de condución eficiente
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei