Foz, 25 de xuño, 2025. Un grupo de 24 alumnos do Senior Highschool de Shakopee (Minnesota) pasa quince días na Mariña grazas ao intercambio de alumnado que ten o IES de Foz con ese centro dende hai máis de vintedous anos
En setembro foron eles os que acolleron ao noso alumnado.
Aloxados coas familias, asisten estas semanas a clases no IES de Foz e participan das actividades de fin de curso. A vindeira semana aproveitarán para coñecer a Mariña.
Estos intercambios son moi estimulantes para o alumnado e axúdalles a mellorar as súas habilidades comunicativas. Convivir con familias españolas é unha boa experiencia para que coñezan as nosas tradicións e tamén a gastronomía.
O IES de Foz é o único centro de Galicia que ten un intercambio con Estados Unidos. O centro de Shakopee é o único do Estado de Minnesota que ten un intercambio con España, unha oportunidade única para o alumnado do IES de Foz.