Mondoñedo, 27 de xuño, 2025. Ven de celebrarse unha xuntanza de traballo entre o equipo directivo do IES San Rosendo e o Concello de Mondoñedo coa fin de traballar a prol da continuidade da ampla e interesante oferta de FP da familia profesional da agraria, que presenta ademais un amplo abano de posibilidades laborais na comarca.
Aproveitando agora ademais o feito de que están abertos os prazos para a matrícula do curso 2025-26.
A oferta formativa de FP para o vindeiro curso recolle cinco ciclos, un básico, dous de grao medio e dous de grao superior:
• Ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais
• Ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural (Dual intensivo)
• Ciclo medio de Xardinaría e floraría (Dual xeral)
• Ciclo superior de Paisaxismo e medio rural (modular a distancia)
• Ciclo superior de Xestión Forestal e do medio natural (Dual xeral)
IES San Rosendo e Concello de Mondoñedo queren convidar a todas as persoas interesadas neste eido, a que consulten os detalles da páxina web do centro (https:/www.edu.xunta.gal/centros/iessanrosendo/) e que se acheguen, de xeito presencial, a coñecer as instalacións e aclarar calquera dúbida que podan ter.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



