Eran as 14:20 horas deste venres cando un particular informou ao 112 Galicia de que acababan de sacar un home inconsciente da auga na praia de Celeiro, en Viveiro. Ata o lugar do suceso desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro e a Policía Local. Malia os esforzos por reanimalo, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do implicado.
