A Mariña, 3 de xullo, 2025. “A caótica situación da sanidade na Mariña en plena temporada estival, cando moitos concellos triplican a súa poboación, fai que veciños e veciñas de prácticamente todas as localidades saian á rúa día tras dia en demanda de solucións”, explican desde o BNG. “Hoxe é o caso de Viveiro, con concentración diante do Centro de Saúde e A Pontenova, con outra concentración tamén diante do seu centro sanitario. E no concello de Cervo a situación prevese tamén caótica nestes meses de verao según vén de anunciar o propio Sergas” .Vista esta situación, o deputado no Parlamento Daniel Castro manifestou que “Pasan as semanas e pasan os meses e situación da atención primaria e da sanidade pública na Mariña vai a peor sen que o Sergas actúe, incluso en casos nos que xa era previsible a ausencia de médic@s. O PP sigue a xogar coa nosa saúde”
Viveiro sigue sen solucións
No caso de Viveiro siguen as concentracións quincenais diante do centro de saúde desde a gran manifestación do pasado 23 de marzo, dado que desde o Sergas non se adoptou ningunha medida efectiva para ter umha atención completa na vila maís grande da Mariña, algo que desde o BNG consideran inaudito e unha auténtica burla a todos os veciños de Viveiro, O Vicedo e Ourol, os dous últimos tamen con moitos problemas nos seus centros de saúde e que dependen do PAC de Viveiro.
Situación grave na Pontenova
É moi grave a situación da Pontenova, tal como apuntou Xorxe Gómez Rico, portavoz municipal do BNG na localidade: “imos estar polo menos quince días sen médico e remítennos a Riotorto polas mañás, donde hai un só médico, que é co que nos pretenden dar atención polas tardes. Esto non tén pés nin cabeza” En términos semellantes pronunciouse a portavoz municipal en Riortorto, Vanesa Gómez Lourido, que recordou que “en Riotorto levamos varios cun só médico, que está xa en prórroga de xubilación, e esta nova situación que se dá na Pontenova tampouco nos axuda nada”






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



