Viveiro, 3 Xullo, 2025. Ninguén resultou ferido, aínda que o servizo sanitario de urxencia está en pre alerta por se fose necesaria a súa intervención nalgún momento.
En canto á extinción do incendio, no punto están a traballar as dotacións dos parques de Viveiro, Barreiros e o Eume. Tamén contan coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro, dun equipo de Incendios Forestais procedente da Pontenova e dos axentes da Policía Nacional e Local.
Este amplo dispositivo foi configurado para facer fronte a un incendio declarado nunha subestación eléctrica situada en Santo André de Boimente, Viveiro. O incendio, así como pequenos estoupidos, foron percibidos por varias persoas, que chamaron ao 112 Galicia pouco despois deste mediodía para dar conta do suceso. Isto permitiu que se puxeran en marcha os medios e comezaran as labores de extinción. Sen embargo, para atallar a situación coas mellores garantías, dicían os Bombeiros de Viveiro, con experiencia nesta subestación -houbo algún incendio anterior-, que serían necesarios recursos extras, como os medios mobilizados desde o Eume, Barreiros e Incendios Forestais da Pontenova, e outros específicos como un espumóxeno que proporcionan desde Alcoa.
Ademais, precisábase a colaboración da empresa responsable da subestación, xa que era imprescindible o corte total do subministro para que os medios de extinción puidesen traballar en condicións de seguridade. Así, avisouse á compañía e os seus técnicos acudiron ao lugar para participar no operativo.
Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero, desde o 112 Galicia, mantense a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en pre alerta por se fose necesaria a súa intervención.
Polo de agora, todos os recursos seguen traballando no punto.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



