Trataranse temas como a corrección dun erro no regulamento do SAF e os festivos locais de 2026
Viveiro, 8 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro convoca o Pleno ordinario mañá mércores, 9 de xullo, ás 19.30 horas, no salón de sesións da casa consistorial. A orde do día inclúe asuntos como a corrección dun erro no regulamento do SAF, a designación das festividades locais para 2026 e varios expedientes relacionados co cemiterio municipal.
Tamén se debaterán dúas mocións: unha do BNG sobre a regulación das vivendas de uso turístico, e outra de Por Viveiro para solicitar ao Goberno do Estado a cesión do antigo colexio Pedrosa Latas de Celeiro.
Na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía e haberá rogos e preguntas.