Nota de prensa
ARIAS ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA MODERNIZAR OS EQUIPAMENTOS COMERCIAIS DE 14 CONCELLOS LUCENSES
* A delegada territorial anunciou en Sober as axudas do Plan Ágora, que subvenciona actuacións sobre rúas e infraestruturas municipais
Lugo, 24 de novembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciou hoxe que a Consellería de Economía e Industria realizará un investimento de 1.424.910 euros na modernización dos equipamentos comerciais de 14 concellos da provincia de Lugo.
Arias detallou os proxectos que cofinancia a Dirección Xeral de Comercio ao abeiro do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, achegando en numerosos casos ata o 75% do orzamento, e explicou que todos recollen actuacións sobre espazos urbanos ou infraestruturas municipais.
Os concellos beneficiarios son os de Abadín, Chantada, Láncara, Lugo, Palas de Rei, Pantón, Pol, Ribadeo, Ribas do Sil, Sarria, Sober, O Vicedo, Vilalba e Xove. Oito deles presentan obras plurianuais, con dotación para o vindeiro exercicio, mentres que os demais terán que xustificar os investimentos antes de que remate o ano.
A delegada territorial, que compareceu en Sober para dar conta destas subvencións, destacou que as iniciativas presentadas polos distintos concellos “embelecen os espazos urbanos para reforzar o atractivo das zonas comerciais”, condición que considera “indispensable para construír un sector comercial galego máis competitivo e dinámico”.
Arias subliñou a aposta da Xunta polo sector comercial a través de distintas liñas de actuación, “que van dende a colaboración cos concellos ata as axudas directas aos comerciantes e actividades de promoción, soportes que resultan fundamentais para o impulso dun sector básico na nosa economía”.
Con respecto ás actuacións incluídas no Plan Ágora na provincia, o concello de Sarria recibe a subvención de maior contía, en concreto 300.000 euros para o proxecto de peatonalización e mellora comercial da rúa Calvo Sotelo -no tramo entre Ciguñeira e Catro Camiños- que custou 377 mil euros e está practicamente rematado.
Tamén na zona centro, o concello de Láncara recibe 180.000 euros para a mellora dos servizos de abastecemento e saneamento e a construción do paseo peonil na rúa Ourense, orzamentado en 246.797 euros.
O concello de Abadín adecuará entre o vindeiro ano o mercado de Gontán, Palas de Rei mellorará o mercado retallista, e Pol o entorno do mercado ambulante e tradicional de Mosteiro.
Vilalba recibe tamén unha achega de 180.000 euros para a reurbanización da rúa Porta de Cima. Pola súa banda, o concello de Lugo inclúe neste plan comercial a repavimentación da rúa San Froilán e da rúa da Raíña.
Polo que respecta á Mariña, Ribadeo actuará sobre a rúa Reinante, O Vicedo modernizará varios espazos comerciais, e Xove ampliará o ámbito do mercado semanal tradicional.
Zona sur
O concello de Sober procederá a pavimentar a rúa do Progreso grazas á subvención de 180.000 euros da Dirección Xeral de Comercio.
Na zona sur da provincia reciben tamén subvención os concellos de Chantada, para a sinalización no centro urbano; Pantón, que adecuará o campo da feira; e Ribas do Sil, para a mellora da imaxe do entramado urbano e comercial de San Clodio.
PROPOSTAS DE SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS GALEGOS PARA A ADECUACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EQUIPAMENTOS COMERCIAIS (PROVINCIA DE LUGO)






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



