Lara Méndez levará ao Parlamento de Galicia o recorte drástico das políticas de cohesión no presuposto comunitario proposto polo PP en Bruxelas
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2025. A viceportavoz segunda do Grupo Socialista, Lara Méndez, vén de esixirlle a Alfonso Rueda que viaxe a Bruxelas “a algo máis que a pasear” polas institucións europeas e fale cos seus compañeiros de partido para que revertan o recorte de fondos de cohesión que veñen de presentar e que pon contra as cordas aos sectores produtivos galegos. Méndez presentará ao Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas fronte a uns orzamentos que “marxinan radicalmente a Galicia”.
A responsable socialista esixiulle a Rueda que explique “a que foi a Bruxelas” na súa última viaxe, na que “como estamos a coñecer agora, o resultado da viaxe foi realmente negativa para Galicia”. Alude así á proposta do PPE para o Marco Orzamentario do período 2028 – 2035, que supón a redución dos fondos de pesca a unha terceira parte, pasando de 6.000 a 2.000 millóns de euros, e un recorte do 23 por cento na PAC, que perde 80.000 millóns de euros.
Ademais, advirte que Galicia vai perder autonomía “grazas á Comisión Europea máis de dereitas da historia” baixo o control do PPE, que ten a maioría no órgano de goberno comunitario, ademais das carteiras de Pesca, Agricultura, Orzamentos e a propia Presidencia do órgano. Con esta proposta, o PP quítalle ás comunidades autónomas a xestión dos fondos, co que Galicia, por exemplo, “quedaría sen xestionar fondos Feder”.
Méndez cuestiona as xestións do presidente galego en Bruxelas, onde “volveu demostrar unha alarmante falta de capacidade e de xestión”. Lembran que o comisario de Pesca da UE, o seu compañeiro de partido Costas Kadis, mantivo a semana pasada unha visita a Galicia na que “polo visto nin a Rueda nin á conselleira de Pesca se lles ocorreu mencionarlle a necesidade dun orzamento forte dos fondos pesqueiros”.




















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



