Foz, Barreiros e Ribadeo acolleron este fin de semana diversos actos lúdicos, culturais, gastronómicos e reivindicativos organizados polo BNG e Galiza Nova
A Mariña, martes 22 de xullo de 2025. Foz, Barreiros e Ribadeo acolleron este fin de semana diversos actos lúdicos, culturais, gastronómicos e reivindicativos nas citadas localidades. Foi numerosa a asistencia á XXX edición do Día da Patria en Foz o sábado 19 na que se degustou chicharro lañado, elaborado ao xeito tradicional de Foz, e tamén foi alta a participación na XVIII Manifesta da Patria en Barreiros o domingo 20 donde maís de 150 comensais disfrutaron doutro excelente produto do mar como é o bonito á grella.
O luns 21, Galiza Nova despregou a bandeira da patria nun lugar emblemático como é o Cargadeiro, na entrada da Ria de Ribadeo, e así mesmo presentaron a exposición itinerante “Artivismo en Castelao”.
Festexar e reivindicar
“Temos que festexar pero tamén reivindicar, porque o BNG é unha forza política cun discurso e unha práctica coherente e transformadora, que traballa por unha Galiza forte que faga valer os nosos intereses de país e coide dos galegos e das galegas con servizos públicos, universais e de calidade, coma a sanidade, na que na comarca da Mariña levamos anos de loita fronte ao proceso de desmantelamento que leva a cabo o PP. Queremos vivir na Mariña con todos os servizos, con infraestruturas acordes aos nosos tempos, rematando dunha vez a agardada A-74, e queremos tamén poder ter acceso á vivenda, agora inaccesible para a maioría de traballadoras e traballadores debido ás nulas ou lesivas políticas levadas a cabo ao respecto polo PP” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga.
En termos semellantes pronunciáronse Xorxe Macía e Serxio Alonso Mon, representantes na comarca de Galiza Nova quen manifestaron que “traballamos tamén por unha Galiza e por unha Mariña en que os coidados sexan un dereito e non un negocio e en que a vivenda e a protección social estean garantidas e que a mocidade teña oportunidades aquí. Unha Galiza en que a nosa lingua propia, o galego, estea viva e plenamente normalizada, e na cal a defensa da igualdade desde o feminismo e o respecto á diversidade sexan norma e non excepción
Manifestación en Santiago de Compostela o venres 25 de xullo
Desde o BNG animan tamén a asistir á manifestación que partirá da Alameda compostelá ás 12:00 e que rematará na Praza da Quintana, así como ás actividades que ao longo do día se van desenvolver dando continuidade ás do día 24 dentro do Festigal.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



