A Mariña 27 de xullo de 2025. O colectivo ‘Médicos no Vicedo Xa’ convocou novamente unha manifestación que ás 11:30 horas saía do Concello e remataba diante do centro de Saúde.
Durante todo o percorrido escoitábanse @s asistentes cánticos denunciando a situación, como “tedes degradada a Atención Primaria”, “Atención Primaria sempre necesaria”, “médic@s no Vicedo xa” ou “conselleiro actúa que esto é culpa túa” entre otras.
“Despois de case dous anos de concentracións mensuais, a situación sanitaria no Vicedo sigue sendo pésima, xa que mentres non esté cuberta o cen por cen da dotación de medicina de familia a atención sanitaria non está garantida. Hai que sumar, nestes meses de verán a falta desde hai anos de persoal médico e de enfermería para as persoas desprazadas, co que a carga asistencial da atención a estas persoas recae sobre a mermada plantilla, comentan desde o colectivo”.
Unha vez máis unha representación da Plataforma Sanitaria da Mariña apoiou esta reivindicación, acompañou á veciñanza e recalcou que “a xerencia a maiores de non cubrir as faltas de persoal, está a censurar aos centros sanitarios que informan á poboación das faltas de médic@s e dos lugares e horarios onde dirixirse en caso necesario, para evitar perdas de tempo que son vitais en certas ocasións. Máis tamén para atenuar os posibles estoupidos de violencia que se dan, dos que os responsabilizamos, xa que unha poboación informada adecuadamente canaliza a súa lóxica frustración de xeito normal e sen dirixir ataques contra o persoal, que non solo non ten a culpa senón que está a soster o sistema”.