O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial
Burela, 30 de xullo, 2025. O ala destro Marquinho é a quinta incorporación do conxunto masculino do Burela FS para a tempada 2025/2026, na que os laranxas competirán en Segunda División. O futbolista portugués, que cumpriu onte 25 anos e é orixinario de Madeira, converteuse no 2023 no primeiro xogador da illa en competir na liga Placard, a primeira división lusa de fútbol sala. Fíxoo nas filas do Ferreira do Zêzere, na campaña 23/24. Na última tempada, Marquinho xogou na primeira metade no Sport Club Lusitânia, equipo dos Azores que competía na máxima categoría portuguesa, e na segunda parte do curso gozou da súa primeira experiencia internacional no SK Eurobus Przemysl polaco, onde anotou 7 goles e finalizou cuarto na liga Ekstraklasa -Primeira División-, pero caeu en cuartos diante do Rekord Bielsko-Biala. Destaca por ser un ala veloz e moi traballador.
Marco André Jesus Gomes, ‘Marquinho’ (Estreito de Câmara de Lobos-Madeira, 29/07/2000) compaxinou o fútbol e o fútbol sala na súa época de formación, xa que competiu durante cinco anos ao fútbol e despois pasouse ao 40×20 con 11 anos para xogar no Jardim da Serra, desde onde pasou ao Marítimo da Madeira, club no que pasou por infantís, cadetes e xuvenís, antes de dar o salto ao primeiro equipo, que compite na segunda categoría portuguesa. Tras varias campañas no Marítimo sénior desprazouse ao continente para enrolarse en novembro de 2023 no Ferreira do Zêzere, onde debutou na liga Placard xogando 15 partidos. O verán pasado regresou a unha illa, neste caso á Ilha Terceira dos Azores, para xogar 9 encontros co Sport Club Lusitânia, antes de partir no mes de xaneiro pasado para a aventura polaca.
Marquinho cumpre coa súa chegada cun vello anhelo, o de competir en España. “O Burela FS destaca pola súa humildade e esforzo constante para alcanzar as cotas máis altas a través do traballo duro. No meu caso, sempre traballei duro para ter algún día a oportunidade de xogar en España e síntome realizado e moi feliz por conseguilo”, apunta.
O ala zurdo portugués defínese como “un xogador moi traballador, humilde, apaixonado e con moitas ganas de aprender e evolucionar, tanto desde o punto de vista profesional como desde o persoal”, sinala. O madeirense espera “axudar ao equipo para conseguir os seus obxectivos e devolvelo á Primeira División, que é a mellor liga do mundo e o lugar no que merece estar o club”, afirma con ambición.
Finalmente, o novo futbolista burelista diríxese á Familia Laranxa. “Prometo dar o máximo de min en todas as circunstancias e respectar aos afeccionados por encima de todo para que podamos alcanzar o noso obxectivo todos xuntos”, conclúe.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

