Ribadeo, 2 de agosto de 2025. Máis de 20.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo o pasado mes de xullo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “no mes de xullo contabilizáronse un total de 20.400 persoas nas oficinas de turismo de Ribadeo. A do centro abriu durante todos os días do mes, en horario de maña e de tarde, contabilizando algo máis de 7.200 viaxeiros. O día de maior afluencia foi o 26. O punto de información turística da praia de As Catedrais rexistrou un total de 13.200 consultas, sendo o día maior afluencia o 23. Hai que resaltar, neste caso, que as entradas au areal esgotáronse todo o mes a partires do día 9”.
A edil ribadense dixo: “no tocante ao turismo de procedencia estatal, Madrid segue sendo o principal emisor. Neste caso séguea Andalucía subindo en comparación co ano pasado e converténdose na segunda forza emisora, probablemente porque os viaxeiros do sur veñen buscando esas temperaturas tan suaves que temos nesta zona”.
E engadiu: “con respecto ao turismo internacional representa case un 12% no centro e algo máis dun 24% do total das visitas no punto de información do areal, debido en gran parte a esa internacionalización do monumento natural da praia de As Catedrais, que xunto co Camiño Norte de Santiago e o porto deportivo de Porcillán, converten Ribadeo nun destino internacional”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



