Lugo, 14 de agosto de 2025. O concerto de De Ninghures abrirá este xoves as festas do San Roque de Viveiro. A banda creada arredor da Foliada da Fonsagrada e consolidada como un referente da nova fornada da música galega co seu segundo disco, “Feira”, actuará na Praza Mair de Viveiro, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputacíon impulsa para fomentar a presenza da música en galego en festivais e eventos musicais de toda a provincia.
A deputada de Cultura Iria Castro e represantantes da comisión de festas – Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos e Cristina Parapar – presentaron o concerto acompañadas por integrantes da banda, que coincidiron en valorar a importancia deste tipo de actuacións, no contexto dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional.
A responsable provincial valorou “o interese da Comisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou que “a colaboración do tecido asociativo, neste caso da Comisión, é imprescindible para levar esa programación ao territorio”.
De Ninghures actuarán trala verbena coa Orquestra Suavecito.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



