A XLVII Queimada Popular e o mercado tradicional serán o sábado 23 de agosto
Cervo, 14 de agosto do 2025. O Concello de Cervo días intensos de música, tradición e gastronomía nas Festas na Honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque, organizadas pola A.C. Rego Cachón en colaboración co Concello de Cervo, e de diferentes asociación locais.
A programación foi presentada pola tenente de alcaldesa Mali Méndez, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por unha represención da A.C Rego Cachón que se encarga do San Roque; e de Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes da Bidueira, que colaboran tamén nos festexos dunha ou doutra forma.
As festas arrincarán o xoves 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito, organizada neste caso por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, que contará coa actuación da Charanga Santa Compaña e da Discomóbil Conxuro.
O venres 15 de agosto, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión acompañada por Fol do Raxal. A continuación, sesión vermú co grupo Lecer e, xa pola noite, gran verbena co grupo Lecer e o dúo Caramelo. Durante a xornada, o Bar Caseto de Copa ofrecerá degustación de mexillóns.
O sábado 16 de agosto, ás 12:30 horas, terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión, tamén acompañada por Fol do Raxal. Seguirá unha sesión vermú co dúo Zafiro e a degustación de percebes a cargo do Bar Caseto de Copa. Pola noite, gran verbena co dúo Zafiro, concerto do grupo Recuerdos e fin de festa coa Discomóbil Karamelo.
Como colofón das Festas o sábado 23 de agosto Cervo celebrará a XLVII Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada pola asociación Airiños do Xunco.
O Concello anima a veciños e visitantes a gozar destas Festas que reúnen cada ano a veciños, amigos e familia nunha contorna única como é o núcleo de Cervo; cunha programación pensada para todos os públicos, na que se combina tradición, música e boa gastronomía; agradecendo a implicación das asociacións e colectivos que fan posible que estas festas sexan un punto de encontro do verán na bisbarra.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



