O portugués procedente do SK Interobal Plzen chegará durante a tarde de mañá a Burela para incorporarse aos adestramentos do equipo
Burela, 12 de agosto, 2025. João Miguel Santos Rodrigues da Silva (Santarém, 19-06-1992), coñecido como João Silva, é a nova incorporación para reforzar a defensa burelense. O gardameta portugués procedente de o SK Interobal Plzen xogou case toda a súa vida na liga portuguesa, a gran maior parte do tempo en Primeira División.
Fórmase no CAS Vicentense e en categoría xuvenil ficha polo Achete durante dúas tempadas, ingresando posteriormente no Portela durante outras dúas. Na 14/15 xoga no Quinta dos Lombos rematando o seu paso pola segunda división e pasando a disputar en primeira co club lisboeta, o Belenenses, onde xogará durante unha tempada e media, pasando na 16/17 polo Marítimo e rematando na liga Armenia co Leo Futsal Club. Volve á casa ingresando no Ferreira do Zêzere por unha tempada e pasando ao Portimonense onde xogará durante dúas, contribuíndo a conseguir o ascenso do equipo a primeira na 18/19. Continúa en Primeira División ata o día de hoxe, durante a 20/21 fichando por o Viseu 2001/Palácio do Gelo, e na 21/22 proba no Torreense durante uns meses, volvendo ao Portimonense a media tempada. Na 22/23 ficha polo Eléctrico FC e na 23/24 decide experimentar de novo lonxe de casa desprazándose á liga maltesa, co Luxor St. Andrews e xogando media tempada no Ribera Navarra no noso país. Durante a pasada campaña comeza no Sport Club Lusitânia dos Azores e remata o curso na República Checa co SK Interobal Plzen.
O experimentado porteiro defínese como “rápido e seguro baixo paus, con boa lectura de xogo e traballador”, móstrase motivado para afrontar esta tempada, ”espero achegar co meu xogo e experiencia, dentro e fóra da pista, pero tamén creo que teño moito que aprender neste equipo, que conta con moita xente nova pero con moita calidade e experiencia no fútbol sala español”.
Coñecedor do noso club, “Creo que o Burela FS é un club moi familiar, que vive e respira fútbol sala, moi profesional e con moitas ganas de facer as cousas ben. Teño moitas ganas de coñecer o proxecto e de tentar axudar a conseguir os seus obxectivos”, e da nosa afección, ”O que sei da afección é que é diferenciadora e un +1 para o club, espero que nos sigan como sempre fan todos os anos. Pola miña banda van ter moito compromiso e traballo.”
João chegará a Burela mañá pola tarde e incorporarase á dinámica do equipo, que xa comezou a adestrar esta semana, na mañá do xoves.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


