“César Mogo limítase a aplaudir que Sánchez deixe a mariñáns e lucenses abandonados”
A Mariña, 14 de agosto de 2025. Os senadores do Partido Popular de Lugo -Jose Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- piden ao PSOE que non rompa a unanimidade entorno a necesidade dun segundo acceso a Ribadeo desde a A-8 en dirección a Asturias. Lembran que esta foi unha reivindicación non partidista ata o punto de que o propio PSOE tamén votou a favor desta demanda cando se formulou este debate no Pleno municipal. As críticas do senador socialista César Mogo á moción popular que recolle esta reivindicación fan temer a falta de vontade do Executivo estatal por afrontar este proxecto.
Para o PP, ou César Mago “vai por libre, deslexitimando esta iniciativa” ou directamente “non fala cos seus compañeiros socialistas en Ribadeo” que xunto ao resto dos grupos políticos e o propio alcalde, veñen reclamando este segundo enlace.
Desde o PP tamén recordan que o tramo de autovía entre Ribadeo y Reinante, o primeiro treito galego, inaugurouse o 15 de maio de 2007, cando era presidente Jose Luis Rodríguez Zapatero, e que daquela non se proxectou este segundo enlace que agora se demanda. “Tiveron tempo máis que suficiente para facelo, incluso modificando o proxecto inicial da obra, se entendían que debera ser mellorado, pero de aquela non había vontade” Con todo, si o Ministerio de Transportes quere agora acometer esta obra “pode facelo perfectamente, sen ningún impedimento técnico ou orzamentario. O que se require é vontade”.
O populares non comprende por que o senador socialista está tan molesto co traballo do Partido Popular no Senado e din que só se xustifica no feito de que el non fai nada por reivindicar melloras para a provincia. “César Mogo limítase a aplaudir que Sánchez deixe a mariñáns e lucenses abandonados”, conclúen.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



