O que segue esta referido a Ribadeo, no que indican os datos concretos. Mais estimo que hai abondos outros lugares que en calquera momento poden seguir camiños semellantes, no caso de que non estean xa transitando por eles. Ti que les poderás xulgar.
O principal lugar de ocio público no centro do pobo de Ribadeo é un parque, ‘o parque’, ou, se se lle pregunta á xente de máis idade, aínda ‘o campo’, o que sería o antigo campo da feira do pobo. Ese parque leva moitos anos partido en dous, despois de recoller historicamente un camiño polo medio do ‘campo’ e trazados dos anos trinta do século pasado. As dúas partes son nomeadas como ‘Parque de San Francisco’ e ‘Praza de España’. No de San Francisco, o máis próximo á igrexa, o quiosco da música e os xogos dos máis pequenos son os que dominan, limitados por dúas amplas avenidas e edificios públicos. Na outra zona, as avenidas con árbores encadran á súa beira algúns elementos singulares. Ben, é un dicir. Este verán, as avenidas protexidas polas árbores para o desfrute e paseo deixaron lugar a tenderetes varios boa parte, senón a meirande, dos días. A maior, segundo a tendencia ó medre dos últimos anos. E a última polo momento, cun ‘Mercado do camiño’ xestionado por unha empresa privada a proveito das festas e do concello, segundo os carteis. A outra zona, a de San Francisco, tivo tamén acubillada algunha montaxe. De feito, agora mesmo que escribo, aínda mediados de agosto, e parece que ata mediados de setembro (é dicir, cousa dun mes de xeito continuado) unha parte dela pasou a estar ocupada por un inchable, primeiro, e logo, de xeito inmediato, tamén por outras atraccións. Sen descartar aínda novas incorporacións, novas ‘casetas de actividades’.
Visto o visto, a xente do pobo quédase sen parque ós poucos. Pode que, para ir adiantando, xurdira hai algún tempo a brillante idea de cortar algunhas árbores e así ir despexando o terreo. Unha idea polo momento desbotada despois das protestas e presión da xente; para simplificar, chámalles ‘veciños’, ‘nativos’ ou ‘locais’. E unha idea que parece encamiñada a que a ‘praza’ sexa unha praza con dominio do asfalto, formigón ou semellante. A facer obras, deixar sitio chiringuitizable, desafiuzar ós maiores que por alí procuran acubillo e ós nenos que se van quedando sen espazo para compartir. E ruído: cada chiringuito ven acompañado da súa cota sonora, é cousa sabida de todos e exercida coa displicencia de quen debería ter conta da tranquilidade e en xeral do benestar dos veciños.
O parque, como símbolo particular da conversión dun pobo en parque temático en canto nos despistemos… Exemplos ó largo da xeografía abundan, dende os emblemáticos, moi citados de Venecia que expulsa ós veciños, a Barcelona con algún barrio invivible ou o Santiago da zona vella deshabitada, a outros menos coñecidos e con outras características polo seu moito máis pequeno tamaño. Mentres, Ribadeo fai o imposible por seguir o camiño.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



