A conselleira María José Gómez participou hoxe na inauguración do Mercado Experiencias de Calidade que se atopa nos xardíns de Noriega Varela ata este domingo
Viveiro, 29 de agosto de 2025. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á inauguración do Mercado Experiencias de Calidade, que se celebra por primeira vez nos xardíns de Noriega Varela de Viveiro. A través deste evento, que terá lugar ata o vindeiro domingo, achegaranse á cidadanía os produtos agroalimentarios amparados por selos de calidade.
Esta iniciativa, posta en marcha pola Axencia e que xa contou con outras citas vinculadas a Artesanía Alimentaria no Nadal de 2024, ofrece un escaparate para a produción agroalimentaria galega, salientou a conselleira. En total, son 24 os expositores neste mercado e representan a artesáns alimentarios, adegas das denominacións de orixe ou produtores de indicacións xeográficas protexidas e de ecolóxico. Nesta liña, lembrou a plataforma dixital experienciasdecalidade.gal, que se ofrece para facilitar a compra directa destes produtos aos seus produtores sen intermediarios.
María José Gómez puxo en valor este tipo de eventos cos que se busca dar visibilidade aos produtos con selo de calidade diferenciada, ao mesmo tempo que permite que a xente os coñeza e os probe ao momento. A titular de Medio Rural cualificou este tipo de iniciativas como “fundamentais” para seguir impulsando o rural galego e recoñecer o esforzo de todos os produtores que traballan, desde a tradición, con gran profesionalidade e innovación.
Dentro do compromiso coa promoción, a Consellería do Medio Rural destinou preto de 100.000 euros para facer posible este mercado, un investimento que reafirma o apoio do Goberno galego co desenvolvemento do sector agroalimentario. Neste senso, a conselleira explicou que esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, que este 2025 conta cun orzamento de 8 millóns de euros para financiar accións directas de promoción desde a Consellería, así como as diferentes liñas de achegas convocadas para os consellos reguladores.





















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



