Xove, 30 de agosto, 2025. O grupo Socialista de Xove presentou no pleno de xuño un rogo expoñendo a situación na que se atopa o Centro médico de Xove.
A atención sanitaria na nosa comarca está en claro retroceso, tanto no hospital da Costa coma na atención primaria en case todos os concellos .En concreto en Xove,nas últimas datas e debido a xubilación dunha gran profesional, vemos que un día si e outro tamén só temos unha médica de cabeceira ,e en agosto nin iso. Non fai tantos anos, tiñamos 3 médicos de cabeceira, e xa fai un tempo ,só temos unha médica de cabeceira e a outra plaza cúbrese con médicos itinerantes. De todos é sabido, a importancia do médico de cabeceira e a relación estreita cos seus pacientes; imposible que exista cando nunca tes o mesmo. Destacar tamén o servizo precario de pediatría, xa que só hai 3 días á semana e ata as 10:30; compartido con outro municipio veciño.
Polo que instamos ao Goberno Local a solicitar a Xunta de Galicia que cubra esas prazas vacantes con dous médicos fixos e amplíe o servizo de Pediatra a cubrir todos os dias da semana a horario completo.
“O tempo tristemente nos da a razón, cunha incidencia grave que ocorreu hai dias, na cal un veciño de Sumoas morreu a causa dun infarto pola demora e falta de atención médica. Todo o noso apoio a esa familia por pasar por ese trance, que lamentablemente pode repetirse en calquer momento, debido a falta de medicos”.
“Queremos denunciar, como en ocasións anteriores, o abandono do sistema sanitario no que estamos no noso concello e comarca. En Xove deberíamos contar con 3 médicos de cabeceira e pediatra a tempo completo xa que somos un concello de 3500 habitantes e cun centro xeriátrico con 150 internos, o que supón máis carga de traballo para os médicos de cabeceira”.
“A Xunta de Galicia do Sr. Rueda, está acabando coa sanidade en todo Galicia, pero en especial nos concellos pequenos na comarca da Mariña co desmantelamento do Hospital da Costa”.
“Todos os días temos noticia de peche de servizos e traslado a Lugo, isto indica que o obxectivo cando se trasladou a dirección do Hospital a intención era clara. Están precarizando a vida laboral dos sanitarios o que os obriga a pedir traslado para poder ter vida”.
“En conclusión, este grupo quere denunciar a situación alarmante do noso concello; trasladaremos a problemática a través dos nosos parlamentarios e loitaremos o que faga falta”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



