A Mariña, 1 de setembro de 2025. A campaña Merca no teu Comercio chega a Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros. Entre o 1 e o 15 de setembro de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Industriais e Autónomos de Lourenzá.
O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.
Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros, nas datas da campaña (do 1 ao 15 de setembro de 2025). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (mercanoteucomercio.com/mondonedo; mercanoteucomercio.com/lourenza; mercanoteucomercio.com/barreiros) a través de calquer dispositivo electrónico: móbil, tablet ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.
Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 16 de setembro, e o xoves 25 de setembro, terá lugar a entrega de premios na Praza da Catedral de Mondoñedo.




















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



