Foz, 5 de setembro de 2025. O mes de setembro comeza con novas actividades no concello de Foz: as charlas San Martiño no Camiño, teatro amador na Casa da Cultura e a festa da Peregrina en Cordido.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a cultura non para en Foz. Despois dun verán de intensa actividade o mes de setembro comeza tamén con múltiples opcións para os amantes do patrimonio, a historia, o teatro e como non, a festa. Estamos encantados de que aínda que xa vexamos próxima a finalización do verán a actividade cultural siga presente en Foz. Este é só o comezo dunha programación de outono que ven cargada de actividades, en colaboración con asociacións, AGADIC, a Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Foz elaborou un completo programa de outono que se publicará en breve e que trae actividades para todos os gustos”.
Este venres deron comezo no Centro de Interpretación de San Martiño as charlas San Martiño no Camiño. A primeira versará sobre A Orde de Montegaudio en Galicia: O monxe guerreiro chegado de Terra Santa que fixo tremer o bispado de Mondoñedo, a cargo de Alberto Paraje Méndez, arquitecto técnico e secretario da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, natural de Ribadeo e investigador e divulgador de historia local, autor de diferentes artigos e monográficos sobre Ribadeo. Á charla será ás 19.00 horas na Sala Multiusos Queralt do Centro de Interpretación de San Martiño.
Este venres, 5 de setembro, tamén comezou o Circuíto de Teatro organizado por Pico do Castro e Fegatea en Foz. Todos os venres do mes na Casa da Cultura ás 20.00 horas poderase desfrutar do mellor teatro afeccionado. O prezo da entrada será de tres euros. A primeira obra é Rutinas, da compañía Max Teatro.
E tamén chegan as festas patronais da parroquia de Cordido, que esta fin de semana celebran a Festa da Peregrina, o sábado 6 con misa e sesión vermú a partir das 13.30 horas coa orquestra Alianza e verbena con Alianza e La Rosa; e o domingo 7 de setembro a partir das 13.30 horas haberá misa e sesión vermú coa orquestra Acordes, que tamén actuará pola noite verbena. Xa a vindeira fin de semana, o 13 de setembro, organizan a súa gran sardiñada acompañados do dúo Belinda.
“Foz non deixa de estar cheo de eventos aínda que o verán quede atrás; a cultura é prioritaria”, destaca o alcalde de Foz, Fran Cajoto.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



