Viveiro, 10 de setembro, 2025. No Pleno celebrado este mércores, o novo concelleiro Severino (Seve) Salgueiro incórporase ao grupo municipal nacionalista xunto a Iria Cotelo e Juan Ramón Martínez.
Salgueiro, enxeñeiro de camiños de profesión, no seu primeiro discurso como concelleiro, subliñou que “o BNG leva décadas cun proxecto coherente, sinalando de xeito claro problemas e solucións, sen agocharse cando lle toca traballar. Estou orgulloso desta equipa e aquí está o meu compromiso de continuar con este traballo, agora como concelleiro, coa confianza que supón unha organización como o BNG”.
Tamén advertiu que Viveiro debe ter un goberno con capacidade de esixir e non que se dobre ante a Xunta do PP. Lembrou que “o BNG intensificou as demandas dos proxectos que a Xunta ten paralizados e que afogan Viveiro. Son proxectos que se reclaman desde hai décadas e polos que seguiremos loitando con firmeza”.
O edil nacionalista Juan Ramón Martínez, destacou que “Seve incorpora ilusión, experiencia e compromiso. É unha persoa formada académica e políticamente, que leva anos defendendo a Viveiro e militando no BNG dende que era mozo, e que agora, desde a corporación, reforzará o noso traballo como grupo”.
Pola súa banda, a tamén concelleira Iria Cotelo sinalou que “poder contar con Seve, agora tamén no grupo municipal, é unha garantía de reforzo político e de máis forza para continuar na defensa dos intereses de Viveiro fronte á parálise da Xunta e ante un goberno local sen proxecto nin esixencias. No BNG temos claro que o único compromiso válido é co noso pobo”.
Con esta incorporación, o BNG de Viveiro reafirma o seu compromiso de seguir traballando con seriedade, rigor e proximidade, mantendo a defensa dos servizos públicos, das infraestruturas e do futuro económico e social da comarca.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



