Ribadeo, 24 de setembro de 2025. Ribadeo supera as 10.050 persoas censadas no municipio. O alcalde, Dani Vega, subliña que esta é unha vila chea de oportunidades.
O rexedor declarou que “Ribadeo sigue avanzando. Gañamos en poboación. Xa somos máis de 10.050 veciñas e veciños que estamos censados en Ribadeo. E polo tanto, Ribadeo convértese nesa vila que avanza, nesa vila chea de oportunidades. Estamos satisfeitos co dato, pero moi esixentes no día a día e seguir traballando e seguir xestionando para que Ribadeo non pare, senón todo contrario que Ribadeo avance”.
Vega aludiu ás oportunidades desde un punto de vista laboral: “con novas empresas, con empresas que seguen apostando polo relevo xeracional ou empresas que se traspasan, pero en definitiva durante estes 2 anos máis de 40 empresas se crearon e seguen en Ribadeo. Desde un punto de vista laboral, tamén a baixada de prezo do polígono industrial, agora está a 35 euros o m², polo tanto competitivo, xa hai 3 empresas que firmaron para constituír e crear a súa empresa aquí e cinco mais en procesos de negociación. Tamén agradecer a SEPES todo o traballo que fixo co Concello e seguir apostando por un pobo cheo de oportunidades desde un punto de vista laboral”.
O alcalde indicou que “Ribadeo avanza tamén nun sistema educativo, nun sistema que hai que agradecer tanto aos institutos como á formación profesional, tanto ao Porta da Auga como a Pedro Murias, que seguimos crecendo en novos ciclos formativos, o instituto todo o traballo que fai, os dous colexios tanto o concertado como o público, que agora tamén vamos investir en melloras no entorno do colexio público, con ese novo cerre perimetral, coa escola de idiomas e coa escola infantil. Creo que hai unha chea de oportunidades desde un punto de vista educativo, que poucas vilas poden dicir o mesmo”.
Dani Vega fixo referencia á mellora no sistema sanitario: “seguimos esixindo e a Xunta neste momento está cumprindo cun servizo sanitario que está atendendo a todas as persoas. E nosoutros vamos ser moi exixentes e por iso dentro de pouco xa firmaremos o convenio coa Xunta de Galicia para entregar os terreos para ter un novo centro de saúde”.
E engadiu: “tamén somos conscientes de que Ribadeo sigue cun dinamismo, cunha vida cultural, cun dinamismo asociativo, cun pobo que é un referente no mundo do deporte. Acabamos de ser, por segunda vez, premiados coa mellor xestión deportiva de todo Galicia.
Tamén ese dinamismo contribúe a que moitas familias veñan aquí, porque os seus fillas e as súas fillas poden ter oportunidades desde un punto de vista da actividade deportiva. Nestes momentos estamos investindo e mellorando o pavillón ou en breve o de Cubelas, tamén estamos traballando para xestionar un campo de herba artificial e seguir mellorando todas as instalacións deportivas, tamén actuando desde un punto de vista da conservación dos edificios”.
Dani Vega cre que “Ribadeo está cheo de oportunidades e hai un dinamismo na vida para as persoas con mais idade. Temos un centro social, un centro de día, dúas residencias, unha feita e acabamos de facer toda unha reforma pintando os espazos internos e dotando de equipamento como camas cota cero e acabando xa a primeira fase da obra da residencia hospital asilo. Agora xa vamos licitar o que ven sendo a cociña, o que ven sendo a lavandería e rapidamente tamén o equipamento. Tamén temos moitas actividades. Creo que poucos pobos poden ter tantas actividades como ten Ribadeo hoxe, actividades para todas as persoas, como todas as actividades que se fan en Preto de Ti, traballando a saúde mental, a ximnasia, en definitiva, toda unha chea de actividades que nos converten nun referente desde un punto de vista do benestar social, do benestar das persoas”.
O alcalde recalcou: “Ribadeo ábrese constantemente para que todo o mundo poida ter unha oportunidade aquí, acollemos a todas as persoas cos brazos abertos e dicir alto e claro
que Ribadeo sigue avanzando e a moi bo paso”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



