Nota de prensa
O Alcalde de Foz, José María García Rivera, manifesta que parece ser que por fin a historia dun home incomprendido, segundo se denomina a el mesmo Xaime Cancio, remata. Este home leva falando e falando só el, sen resposta nosa varios meses, e agora por responsabilidade, este Alcalde vai dicir algunhas cousas.
O primeiro é que, sobre a tan manida historia de non poder falar das súas viaxes en Radio Foz, o Consello da Emisora da Radio non lle da a razón. Na reunión celebrada o pasado martes, 30 de novembro, todo o mundo estivo de acordo que, se a norma e para todos, que se cumpra. Por suposto tamén Xaime Cancio.
Rivera manifesta que Cancio ten dúas caras e está enfermo de ambición, de poder. Non o pode soportar. Ninguén que é cesado neste país, monta o número que montou esta persoa. Agora di que é posible que se dean de baixa do Partido Socialista varias persoas polo que pasou. Sr. Cancio, esas persoas xa non eran Socialistas. Viñan apoialo a vostede para gañar votacións. As persoas Socialistas comprometidas co noso Partido, a pesar de intentar vostede ofrecerlles e requeteofrecerlles, non se deixaron mangonear.
É incrible que diga que o Partido Socialista fixo unha desconsideración con vostede, cando se lle mandou sempre aos mellores lugares. Compañeiros e compañeiras, incluído o Alcalde, apoiáronno para ser: Deputado Provincial, Secretario Xeral dos Socialistas na Comarca da Mariña, Delegado de Pesca. Ninguén tivo tanto apoio neste Partido.
O Alcalde manifesta que este señor, cesado por min – decisión da que está moi satisfeito – non perdoa esa acción. Ten ademais este señor, unha dobre personalidade enfermiza. Acusou ao seu Alcalde con palabras mal soantes e segue a facelo para descalificar e facerlle o caldo de cultivo á dereita do PP de Foz. Así, se está a reunir e ver a posibilidade de chegar a ser Alcalde por ese lado, aínda que sexa a costa de deixar na cuneta ao recén nomeado candidato do Partido Popular de Foz.
Rivera alégrase moítisimo por moitos traballadores e traballadoras do noso Concello, aos que nalgúns casos púxoos ao borde da depresión cos seus métodos de traballo.
Finalmente, Rivera manifestou que di pouco dunha persoa que ata lles manifesta aos medios de comunicación que ten que estudar como entrega a acta e cando dimite. É dicir, ten que ver como sempre a estratexia a empregar e o escenario propicio. Cando sabe que nunha Asemblea, 146 persoas lle pediron esa acta de concelleiro, que aínda non entregou hoxe, afirmando que aquela Asemblea era ilegal. Parece mentira deste señor, despois de dicir, por activa e por pasiva, nos medios de comunicación, que a demócrata non lle gañaba ninguén, e si lle pedían a acta na Asemblea a entregaría.
O Alcalde manifestou que seguiremos loitando coas nosas ideas, e xunto a nosa militancia, coma sempre, con humildade e con comprensión cara aquelas persoas que necesitan da nosa axuda.

















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



