A Mariña, 4 de outubro de 2025. De compras polo comercio da Mariña Lucense é a campaña que terá lugar do 20 de outubro ao 30 de novembro, organizada pola FCAM. No acto de presentación, que tivo lugar no Cenima de Foz, participaron a presidenta e o tesoureiro da entidade, Carmen Cruzado e José Carlos Paleo.
Desde a FCAM explican que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos a carón das nosas casas. E imos facelo traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, a música, a escritura ou o cine, coas que faremos un percorrido polas rúas comerciais de Viveiro, Burela, Foz ou Ribadeo. Queremos que elas e eles sexan un reclamo comercial e por iso van vir pasar unha fin de semana entre nós”.
Carmen Cruzado indica: “imos sortear 2.500 euros en vales de compra en vilas como Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova ou Xove, por poñer uns exemplos. A clientela que faga as súas compras no comercio local os días previos terá a posibilidade de cambiar os seus tíckets por rifas da FCAM para participar nos cinco sorteos que faremos durante esta importante campaña. E eses convidados especiais serán os encargados de entregar os vales ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar tamén enclaves turísticos da nosa comarca, porque entendemos que comercio e turismo están moi unidos neste destino, e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos nesta zona”.
José Carlos Paleo declara: “é unha campaña coa que pretendemos facer pobo, facer Mariña, dicirlle á xente que as súas compras ten que facelas no comercio local, porque temos unha diversidade grande de negocios onde podemos atopar de todo, dun extremo ao outro da Mariña, na costa ou no interior. Cada pobo ten as súas potencialidades e debemos, entre todos, explotalas ao máximo”.
A presidenta da FCAM lembra que “xa fixeramos algo parecido hai preto de 10 anos desde a Federación de Comercio A Mariña para promocionar turística e gastronomicamente esta comarca e agora imos levar a cabo promoción comercial con esta campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense”.
A campaña, financiada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, terá lugar os días 25 e 26 de outubro en Foz e Barreiros; o 8 e 9 de novembro en Lourenzá e Mondoñedo; o 15 e 16 en Ribadeo e A Pontenova; o 22 e 23 en Xove e Viveiro; e o 29 e 30 en Burela.
Desde a FCAM engaden: “ao longo dos vindeiros días iremos desvelando os nomes das convidadas e convidados cos que imos contar para facer Mariña”.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



