Cervo, 10 de outubro do 2025. O Concello de Cervo convida á veciñanza e visitantes a participar nas Festas de San Román de Vilaestrofe, que terán lugar no pavillón de deportes da parroquia entre o venres 10 e o domingo 12 de outubro. As celebracións foron presentadas pola tenente de alcaldesa Mali Méndez, polo edil de Zona Rural Adrián Arias e por representantes da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade organizadora das festas coa colaboración do Concello.
O programa arrinca o venres 10 de outubro, ás 23:00 horas, cunha gran verbena amenizada polo grupo Los Key. O sábado 11 celebrarase ás 13:00 horas a misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo; a continuación terá lugar a sesión vermú co Grupo Fénix. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena contará coas actuacións da Orquesta Galilea e do Grupo Fénix. O domingo 12 de outubro, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na honra da Virxe do Pilar, tamén cantada polo Coro Parroquial de Cervo, e a festa continuará cunha sesión vermú prolongada co Dúo Belinda.
Desde o Concello de Cervo animan á cidadanía a achegarse á parroquia para compartir tres xornadas festivas que representan un momento moi especial para San Román de Vilaestrofe, pois contribúen a manter vivas as súas tradicións, fortalecen os lazos veciñais e consolidan o patrimonio cultural da parroquia e de todo o municipio.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



