A Asociación de Hostalería de Burela, en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, organiza esta fin de semana as xornadas gastronómicas “Ponte de Merluza”
Burela, 9 de outubro, 2025. Dez locais hostaleiros de Burela celebran esta fin de semana as xornadas gastronómicas da ‘Merluza D& Burela’, na que se poderán degustar diferentes pratos do peixe máis capital do porto burelense, que o sitúa como principal lonxa de Galicia, España e Europa en pescada do pincho.
A hostalería de Burela quere potenciar así a súa oferta gastronómica durante as pontes festivas de outubro e decembro, xa que durante a primeira fin de semana de decembro celebrarase un novo “Ponte de Peixe de Burela”, no que se ofrecerán receitas doutra das principais especies que capturan as frotas do porto de Burela.
Esta campaña realízase en colaboración con Armadores de Burela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e comercialización anual, cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
Do venres 10 ao domingo 12 de outubro poderán degustarse os seguintes pratos de pescada do pincho: A LONXA: Salpicón de Merluza de Burela e Marisco. A’MARES: Merluza de Burela marinada con limón e laranxa con marmelada de tomate. ATREZO: Revolto de Merluza de Burela con trigueiros e gulas. CONTRASTE: Merluza de Burela en salsa de ourizo. LA COCIÑA DE LA YAYA: Merluza de Burela glaseada con alioli sobre leito de parmentiere de piquillo. L’URBANA: Filloa rechea de Merluza de Burela con lagostinos. ROMPEOLAS: Merluza de Burela á galega con crema de patacas. SALITRE: Merluza de Burela á brasa con escuma de espinaca, velouté, fiúncho e crocante de olga. SARGO: Merluza de Burela en salsa de nécora. VINOTECA RIL: Albóndegas de Merluza de Burela con gambas.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



