Nota de prensa:
O CONCELLO CONTARÁ DE NOVO CON 13 EDÍS DESPOIS DAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS. O INE VEN DE COMUNICAR QUE SON 9.988 AS PERSOAS CONTABILIZADAS NO SEU REXISTRO E QUE POLO TANTO O NÚMERO DE CONCELLEIROS QUE LLE CORRESPONDEN A RIBADEO SON OS QUE XA TIÑA.
Ribadeo, 2 de decembro de 2010. O Concello de Ribadeo contará con 13 edís despois das vindeiras eleccións municipais. O Instituto Nacional de Estadística ven de comunicar que son 9.988 as persoas contabilizadas no seu rexistro e que polo tanto o número de concelleiros que lle corresponden a Ribadeo son 13. O alcalde, Fernando Suárez, sinala que isto non suporá ningún perxuizo para o concello e que a economía municipal aforrará o gasto de facer novas sillas, de ampliar a mesa de sesións e as dietas a pagar a catro novos concelleiros.
O rexedor quixo “comentar unha noticia que desde o punto de vista económico quizáis non teña moita trascendencia aínda que sí desde as quinielas electorais que están tan de moda aquí en Ribadeo, sobre si o Concello vai ter 17 edís ou 13 por ver si o INE ía aceptar a reclamación que había para sobrepasar os 10.000 habitantes. No día de hoxe o Instituto Nacional de Estadística, a través dunha comunicación, cifra en 9.988 persoas as que están no seu rexistro, non acadamos as 10.000 necesarias, polo tanto despois das vindeiras eleccións Ribadeo contará con 13 concelleiros e non con 17, aínda que o noso padrón de veciños ten más de 10.200 persoas, pero esas disfuncións sempre son normais entre os rexistros municipais e os estatais”.
Suárez Barcia sinalou que “máis aló desta diferencia os coeficientes de ponderación e de participación nos tributos do estado non cambian por ter máis ou menos de 10.000 habitantes, eses coeficientes cambian en concellos que pasan a 5.000 ou a 20.000 veciños. Ribadeo aforrará o custe de facer catro novas cadeiras, aforramos de refacer e de ampliar a mesa do salón de sesións e aforramos de pagar as dietas a estes catro novos concelleiros”. E engadiu que “desde o punto de vista da proxección electoral o importante non é si hai 13 ou 17 concelleiros, o importante é que a xente confíe nun e que vote a unha persoa, a unha formación política, polo que a norma básica da lei electoral é que os concelleiros son asignados cos votos que teñen máis aló do número de edís que teña esa Corporación”.
Caso José Couso
O alcalde de Ribadeo tamén se referiu hoxe “a esas filtracións que están dando a volta ao mundo a través dunha web chamada Wikileaeks, onde se fixo pública moita documentación dos servizos secretos das embaixas dos Estados Unidos, con respecto ao Estado español eu estou indignado e sorprendido como cidadán máis que como alcalde do que era unha intuición e que ven de revelarse como algo veraz e real. Segundo esas revelacións o goberno do Estado tentaba dar instruccións ao poder xudicial para que arquivasen o caso do cámara José Couso, que tiña unha vinculación familiar moi importante con Ribadeo”.
Fernando Suárez lembrou que “xa daquela cando a guerra do Irak houbo manifestacións en Ribadeo, pedíanse investigación e xustiza sen que o goberno do Estado fixera grandes esforzos para lograr que a xustiza triunfe por enriba de calquera outra cousa e por enriba incluso das relacións internacionais entre estados soberanos e independentes. Chama a atención que todos nos damos conta de que á familia lle asistía a razón, que era unha acción militar na que o goberno do Estado non quixo profundizar e fixo todas cantas presións puido para arquivar o caso”. O rexedor manifestou que “como alcalde quero seguir apoiando á familia nesta situación actual de pedir as aclaracións ou responsabilidades a que houbera lugar por este trato desigual a un cidadán que foi asasinado por un acto claro de guerra, aquí non caben medias tintas”.
Suárez Barcia transmítelle “desde o Concello o apoio, o afecto e o cariño á familia do cámara falecido por un ataque militar en Irak e ao mesmo tempo animalos a que sigan tentando clarexar o asunto e que se faga xustiza con este brutal asasinato”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



