Xorxe Gómez Rico reivindica que a localidade manterá a parada de autobús grazas ao traballo do BNG
A Pontenova, sábado 11 de outubro 2025. O Bloque Nacionalista Galego vén de conseguir un importante avance na nova Lei de Mobilidade Sustentábel, ao lograr que se manteñan as paradas de autobús que o Goberno do Estado pretendía eliminar no novo mapa concesional. Xorxe Gómez puxo en valor o traballo feito polo BNG nas Cortes do Estado para conseguir que A Pontenova manteña a parada de autobús.
Grazas á negociación do BNG no Congreso, garantirase que as paradas sigan operativas en todo o país, especialmente nas zonas rurais e localidades sen alternativas de transporte público, como é o caso de A Pontenova
Servizo asegurado
Deste modo, segundo explica Gómez Rico haberá dúas opcións que aseguran o servizo: ou ben, a Xunta de Galiza asume as paradas a custo cero, xa que o Estado compensará os custos adicionais; ou ben, se a Xunta non quixera facelo, o servizo seguirá sendo prestado polo Estado, que manterá esa conexión directamente.
Xa no seu día, hai agora un ano o BNG advertira no pleno do concello da Pontenova do perxuizo que a supresión da parada ía supoñer aos veciños e veciñas e instara ao concello a facer as xestións oportunas. Así mesmo, o 18 de outubro de 2024 a senadora nacionalista Carme da Silva presentara unha iniciativa ao respecto na Cámara Alta solicitando ao Ministerio de Transportes a reconsiderar o plan de supresión de paradas polo perxuizo que ía causar en moitas vilas do país coma no caso da Pontenova.
“Co BNG, A Pontenova móvese e manterá a parada de autobús que o Goberno do Estado previa suprimir”
“O BNG resolve un problema que estaba suscitado. Un problema importante para a mobilidade e o transporte público na Galiza” suliña o edil nacionalista. “Conseguimos garantir que os nosos veciños e veciñas non perdan un servizo básico que moitas veces é a única forma de desprazamento para persoas maiores ou estudantes” afirmou tamén o responsable local Xorxe Macía.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, salientou tamén que esta modificación é “unha conquista que evita que zonas enteiras da Galiza queden incomunicadas”. “Evítase que zonas enteiras da Galiza queden incomunicadas. Conseguimos que se manteñan as 22 paradas nos concellos galegos e que, se a Xunta as asume, non lle supoña gasto ningún. Mesmo lle facilitamos o traballo ao PP no Goberno galego”, engade o deputado nacionalista, quen destaca que máis de 130.000 galegos e galegas poderán seguir empregando este transporte grazas ao BNG.
Compromiso do BNG co servizo público e o equilibrio territorial
Desde o BNG da comarca da Mariña valoran positivamente este resultado como unha “mostra do compromiso do Bloque coa defensa do servizo público e co equilibrio territorial da Galiza” alí onde ten representación.
“Cada parada que se mantén é unha garantía de igualdade de dereitos e oportunidades para quen vive no rural. O BNG demostra máis unha vez que é útil para os galegos e as galegas e que defende os intereses da Galiza alí onde se decide” conclúe o portavoz comarcal do BNG Antonio Veiga.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



