Xove, 14 de outubro de 2025. O BNG de Xove levou ao Pleno ordinario deste luns un rogo para implantar un sistema dixital de reserva de instalacións deportivas municipais, como o pavillón e piscina municipais, a pista de padel ou o campo de adestramento anexo ao campo de fútbol.
Unha medida orientada a modernizar e axilizar a xestións destes espazos públicos
A iniciativa pretende modernizar e axilizar a xestión destes espazos públicos, facilitando ás persoas usuarias un acceso máis rápido e cómodo, evitando desprazamentos innecesarios ben ao Concello ou ben á piscina municipal. Segundo explican dende o grupo nacionalista, a medida “é relativamente sinxela de aplicar, xa que os clubs, asociacións e entidades deportivas xa presentan anualmente un calendario de uso das instalacións, polo que a información está dispoñible e só cómpre integrala nun sistema dixital. Ao mesmo tempo, pedimos ao equipo de goberno que, de aplicarse, manteña unha actualización constante por posibles situacións sobrevidas dos clubs ou asociacións que terán preferencia sobre ditas instalacións”. Ademais da reserva de instalacións, permitiríase tamén o pagamento das taxas correspondentes de xeito telemático.
Unha iniciativa xa presentada no ano 2019
O BNG lembra que esta proposta xa fora presentada no ano 2019, e destaca que se trata dunha demanda moi popular entre as usuarias e usuarios das instalacións municipais, que reclaman unha xestión máis áxil e adaptada aos tempos actuais.
Desde a formación nacionalista subliñan, así mesmo, que a dixitalización non debe excluír a ninguén, polo que reclaman que se manteña tamén unha opción presencial para aquelas persoas que non se manexen con soltura co formato en liña.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



