Ribadeo, 20 de outubro de 2025. Preto dun cento de persoas asistiron á XI Gala de Acisa, que se celebrou a pasada noite no Parador de Turismo de Ribadeo.
No evento foron varias as persoas e empresas galardoadas. Josefa Abelleira e César López, nai e fillo, de Gasóleos Abelleira/Gasolina El Jardín, recibiron o recoñecemento ao relevo xeracional. Mini López-Santos e Nacho Oñate, de Bis a Bis, recibiron o galardón como negocio emblemático, que pechou as súas portas tras unha andaina de 40 anos. O galardón á vida empresarial foi para Juan Fernández Andina, que estivo á fronte de Eureka Kids primeiro e de R23 despois. O galardón a toda unha carreira recibiuno Mª del Carmen Mon, de Pequerrechos. Gasóleos Abelleira, Bis a Bis e Pequerrechos son e foron socios de Acisa Ribadeo desta a súa creación hai 36 anos. E o galardón ribadense do ano correspondeulle ao xornalista Fabián Pérez Rego, en recoñecemento á súa traxectoria profesional en medios audiovisuais estatais e polo seu apoio ás iniciativas para a promoción de Ribadeo. Todos recibiron unha figura conmemorativa e un ramo de flores, que lles entregaron as directivas e os directivos da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Interviñeron no acto o deputado da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade, Dani García, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Asistiron, entre outros, á XI Gala de Acisa o deputado autonómico Daniel Castro, o portavoz do BNG no Concello ribadense, Pablo Vizoso, representantes das Acias de Foz e de Burela cos seus presidentes á cabeza, José Carlos Paleo e Eva Luaces, así como das firmas patrocinadoras e colaboradoras do evento: BeOne, Gestión Gratelu, Talleres Cardi, Mariña Asesores, Limpezas Lema, Iriarte Artes Gráficas, Kids&Us, Mariscos Ribadeo, Marinero, Anel, Atleet Ribadeo, Paradores, Aquí Diario e Castillo San Damián.
Desde Acisa agradecen “a participación e asistencia á XI Gala, un evento que serviu para render homenaxe, e para cambiar impresións e vivencias sobre os sectores do comercio, da hostalería e dos servizos”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



