O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que a actuación suporá unha mellora no illamento do edificio principal do centro educativo
Mondoñedo, 21 de outubro de 2025. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP finalizou as obras de cambio da cuberta do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo, nas que investiu 453.600 euros.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado da actuación, que suporá unha mellora no illamento e na eficiencia enerxética no edificio principal do centro educativo.
A obra consistiu na demolición da anterior cuberta, que estaba deteriorada; e na construción dunha nova cun volume a catro augas similar ao anterior. Está instalada sobre unha unha estrutura portante lixeira de madeira e protexida cunha lámina impermeabilizante transpirable. O revestimento é de lousa.
A intervención completouse coa substitución do sistema de recollida de augas pluviais, mediante a colocación de novos canlóns e baixantes.
Arias destacou que as actuacións forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica impulsado pola Xunta, que inclúe grandes actuacións xunto con obras de menor envergadura pero necesarias para o funcionamento diario dos centros. Os traballos intensifícanse no verán, para interferir o mínimo posible no desenvolvemento do curso escolar.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



