“Seguirei reclamando un trato digno para o noso concello, borrado do mapa pola Xunta desde o ano 2019”, afirma a alcaldesa
Vilalba, 21 de outubro de 2025. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera “un novo castigo para os nosos veciños e veciñas os orzamentos da Xunta para 2026”, xa que por sexto ano consecutivo “non inclúen investimentos directos ou proxectos para o noso concello”.
“Seis anos e nin un can; Lugo será a provincia que máis reciba por habitante, pero Vilalba debe estar noutra provincia”, lamenta Marta Rouco.
“Non por esperada deixa de ser unha nova decepción ver o listado de obras proxectadas en toda a provincia para mellorar as infraestruturas dos concellos, os centros de saúde ou os colexios, mentres que Vilalba segue sen existir para a Xunta”, afirma.
“Temos unha estación de autobuses propiedade da Xunta en estado de abandono e un centro de saúde con numerosas deficiencias, por non falar das numerosas reunións xa mantidas sen éxito co goberno galego para desbloquear a ampliación das infraestruturas de captación e abastecemento de auga, ou a conservación da estrada que une Lugo co Vilalba”, lembra.
“É un desprezo e unha forma de entender a política completamente partidista, xa que así non castigan a un goberno local progresista, castigan aos veciños e as veciñas de Vilalba”, apunta Rouco.
“E mentres esta situación se repite ano tras ano, o concello asume cada vez máis competencias impropias e gastos que lle corresponden á Xunta, por exemplo no Servizo de Axuda no Forgar, a Escola Infantil ou o comedor do centro de educación infantil”, asegura a alcaldesa.
“E ademais, desde a Xunta impoñen todavía máis deberes aos concellos, como no tema da limpeza das franxas secundarias”, sostén.
A Xunta recadou por outra parte máis dun millón de euros nos últimos cinco anos en Vilalba polo canon da agua, dos que non investiu nada ni concello.
“Seguirei loitando e reclamando un trato digno para Vilalba, un concello cabeceira da comarca da Terra Chá borrado do mapa pola Xunta desde o ano 2019”, remata.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



