A Mariña, 26 de outubro de 2025. A praza do Souto, de San Miguel, acolleu o sorteo de tres vales de compra por importe de 500 euros da campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense, que comezou esta fin de semana en Foz e en Barreiros.
As afortunadas, veciñas de Barreiros, recibiron os premios de mans dos comunicadores e presentadores Carlota Corredera, David Insua e Isidorio Valeiro. Os tres pasaron a fin de semana na Mariña Lucense apoiando e apostando polas compras no comercio local. Percorreron unha ducia de locais asociados a Acia Foz-CCA, degustaron a exquisita gastronomía desta zona nos restaurantes Xoiña e Casa Damián, aloxáronse en Finca Goleta e puideron ver as praias da Rapadoira e Llas, en Foz, a de Coto, en Barreiros, e visitaron tamén a das Catedrais, en Ribadeo.
Desde a FCAM “agradecemos a súa visita e o intenso traballo realizado ao longo das 24 horas que pasaron entre nós”. Xunto a eles estiveron o presidenta de Acia Foz-CCA e tesoureiro da FCAM, José Carlos Paleo, e a presidenta da entidade, Carmen Cruzado.
A campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, organizada pola FCAM co financiamento da Dirección Xeral de Comercio, seguirá os días 8 e 9 de novembro en Lourenzá e Mondoñedo coa visita de novas convidadas e convidados especiais.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



