Cervo, 28 de outubro, 2025. Esta fin de semana achegáronse ata A Rúa, para a 1ª tirada de Liga Galega de Sala, os arqueiros do Iadovi de San Cibrao. O sábado pola tarde foi como tirador o arqueiro da categoría espido, Santiago Gonzalez Villares, “Sargadelos”. Este coroouse cun primeiro posto cun total de 518 puntos, 31 por enriba do segundo, mantendo unha boa constancia na súa tirada na que na primeira parte fixo 260 e na segunda só baixou dous puntos facendo 258.
Por outra banda, o domingo tamén achegáronse o arqueiro de composto veterano Jorge Alvarez Amor e o arqueiro recurvo senior, Sergio López Delantero “Chechu”. Jorge non foi menos que o seu compañeiro Santiago e logrou coroarse tamén nun primeiro posto cun total de 565 puntos. Este logrou unha media tamén moi constante de 282 na primeira metade e 283 na segunda. Porén, a súa loita por conseguir ese posto non foi doada xa que os seus rivais estiveron nada máis que a un punto de alcanzalo pero, grazas á concentración e o esforzo, logrou acadar a súa meta nesta tirada.
Por último, o arqueiro de recurvo, tras volver de novo a esta categoría, non logrou manter o ritmo desexado, baixando a un noveno posto con tan só 457 puntos. Así e todo, dende o Iadovi “sabemos que hai momentos nos que non se pode dar o cento por cento, co cal animámolo e desexámoslle que siga co seu esforzo para de esta forma atopar o camiño de novo”.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


