Viveiro, 28 de outubro, 2025. O PSOE de Viveiro valora que o PXOM continúe o seu curso e que avance, pero quere deixar claro “que non se trata dun novo avance, senon da mesma tramitación que xa estaba en marcha dende hai ano, e que sufriu o bloqueo constate nas diferentes consellerías da Xunta de Galicia”.
O anuncio da alcaldesa refírese a que Viveiro xa recibeu correxida a Memoria medioambiental e que agora o Concello ten que facer as modificacións que lle esixe a Xunta, o que forma parte do procedemento habitual do PXOM. “É exactamente o mesmo proceso que realizaba anteriormente o goberno socialista, co mesmo equipo técnico e co mesmo equipo redactor”.
“A única diferenza é que agora a Xunta de Galicia está a respondar en poucas semanas, mentress que durante os mandantos de María Loureiro como Alcaldesa tardaban en constestar meses e incluso anos. Facendo o mesmo que a actual Alcaldesa, demandando reunións, facendo comisións técnicas, enviando escritos ás diferentes consellerías para que responderan”.
“Porque calquera alcalde ou alcaldesa de calquera cor político quere que o o su plan de ordenación municipal saia adiante. Isto demostra que o atraso histórico do PXOM debíase ó bloqueo constante da Xunta, que durante anos ignorou os trámites e atrasou deliberadamente o expediente por motivos políticos”.
Dende o PSOE “consideramos que esa actitude é unha falta de respecto institucional e unha vergoña, porque un goberno autonómico debe actuar pensando nos interes de todos os galegos e galegas, e non en función da cor política dos concellos. Existen hemerotecas , rexistros e docuentación que acreditan o noso esforzo”.
“Nós alegramos que o PXOM vaia para adiante, e así o desexamos e ademáis mostramos toda a nosa colaboración para que así sexa. O pronóstico que deu a Alcaldesa, de que no primeiro trimestre se leve ó pleno munciial a aprobación inicial ogallá sexa verdade”.
“Estase cumplindo o que nos levábamos reivindicado tantos anos, que con vontade política e colaboración entre as administracións o PXOM pode sair adiante”, conclúen.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



