NOTA DE PRENSA
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS ( 4 DECEMBRO 2010 ) 29 INSCRITOS: NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
|
PRIMEIRO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
171 |
12 |
|
SEGUNDO |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
169 |
10 |
|
TERCEIRO |
OMAR MACÍAS CABRERA |
158 |
8 |
|
CUARTO |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
157 |
7 |
|
QUINTO |
JOSE VIGO LAGE |
155 |
6 |
|
SEXTO |
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
154 |
5 |
|
SÉTIMO |
ALEX MEITÍN SERANTES |
148 |
4 |
|
OITAVO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
143 |
3 |
|
NOVENO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
139 |
2 |
|
DÉCIMO |
CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
133 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
ARTURO VIGO CASABELLA |
81 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
|
PRMEIRO |
ÓSCAR PÉREZ MEITÍN |
105 |
6 |
|
SEGUNDO |
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
91 |
4 |
|
TERCEIRO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
65 |
3 |
|
CUARTO |
AITOR BOUSO GAVÍN |
56 |
2 |
|
QUINTO |
ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
33 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
DANIEL LÒPEZ FERNÁNDEZ |
52 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
|
PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROCUO |
97 |
6 |
|
SEGUNDO |
CARMEN ROCA CORRAL |
87 |
4 |
|
TERCEIRO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
72 |
3 |
|
CUARTO |
DOLORES BAÑO FRAGA |
68 |
2 |
|
QUINTO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
65 |
1 |
|
MELLOR BOLADA |
CARMEN ROCA CORRAL |
44 |
1 |
INCIDENCIAS DA 9ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE SUMOAS – Sábado, 4 DECEMBRO 2010)
-Tarde fría.
-47 inscritos, 29 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Rematada a primeira volta, e despois de celebradas 9 tiradas, a tónica desta primeira parte da Liga podemos decir que é a igualdade na cabeza, con constantes alternanacias; así, si a pasada semana Arturo Vigo era líder, agora é cuarto, sendo sustituido na cabeza por José Rafael González gracias ao trunfo obtido nesta tiradas. Segundo agora é Luis Rancaño con 56 puntos, que permuta a súa posición con Ginés Rodríguez, terceiro con 55 puntos. Un pouco descolgado temos a Moisés Rodríguez, a quen lle costa seguir o ritmo de cabeza e que leva varias tiradas cun ritmo cando menos irregular. Despois temos un grupo no que se atopan César Cancelos, Francisco Pérez, Jose Vigo e incluso Sócrates Suárez que tentan mellorar para achegarse aos postos de cabeza, pero vanno ter difícil.
Como conclusión, decir que a Segunda Volta vai ser moi competida dada a igualdade entre os postos de cabeza.
Liga Sub 18.- Victoria de Óscar Meitín, na súa primeira participación nesta categoría. A cabeza desta Liga está tamén moi igualada, cunha tripleta de xogadores cunhas distancias mínimas; Aitor Bouso, Daniel López e Salomé Cardoso, se continúan nesta liña, seguramente se van a disputar entre eles os tres postos primeiros postos finais. Por detrais un grupo de xogadores que inicialmente parecía que poderían estar pelexando polos postos nobles, pero que se desinflaron e non son capaces de seguir o ritmo dos de cabeza.
Liga Feminina.- Nova lideresa nesta categoría, e non é outra que a actual campiona Carmen Roca, quen gracias ao punto obtido pola mellor bolada aúpase á cabeza. A verdade é que Carmen está en moi boa forma, con un primeiro e dous segundos postos nas tres últimas tiradas, todo o contrario de Dolores Baño, quen está atravesando un forte bache dado que nas tres últimas tiradas só conseguiu tres puntos, dahí a pérdida do liderato. En terceira posición temos a Belén Meitín, cun excelente recorrido nas últimas 5 tiradas; está amosando un xogo moi sólido, e xuntos coas dúas primeiras clasificadas vai ser sen dúbida unha das favoritas ao trunfo final. Cuarta temos a Concepción Piñeiro con 23 puntos, seguida de Salomé Cardoso (esta xogadora é Sub 18); ámbalas dúas teñen inda tamén opcións a escalar postos máis altos. Polo tanto, esperamos tamén unha segunda volta moi competida, pero para iso haberá que esperar ata o ano que ven, xa que a Liga toma un descanso navideño.
A Vindeira tirada, e primeira da Segunda Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE LAGO O VINDEIRO SÁBADO, 8 DE XANEIRO DE 2011.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
