Ribadeo, 29 de outubro, 2025. O grupo municipal do BNG de Ribadeo denuncia que o goberno municipal volveu perder outra axuda da Xunta, esta vez por un valor de 25.000€, “deixando a maioría dos desbroces forestais preventivos sen realizar e acumulando dous anos sen completar estes traballos, co risco que iso conleva ante posibles incendios”.
Pablo Vizoso, voceiro do BNG de Ribadeo indicou que: “Hai unhas poucas semanas alertábamos de que o goberno municipal aínda non licitara os desbroces forestais deste ano e que a data para facelo remataba o 15 de outubro. Daquela pedímoslle ao PP que fixeran rápido e ben o procedemento para poder recibir os 25.000€ de subvención que concedía a Xunta para estes traballos. Unha vez vencido o prazo, descubrimos que non foron capaces de licitar en tempo e forma, perdendo deste xeito os cartos e o que é máis grave: deixando os desbroces forestais preventivos sen completar. Por desgraza, en Ribadeo vivimos hai pouco tempo as consecuencias que poden traer os incendios forestais e non entendemos esta temeraria deixadez de Daniel Vega e o seu equipo”.
“Levamos tempo observando e denunciando a perda constante de subvencións por parte do PP de Ribadeo debido a súa incapacidade para xestionar, son xa miles e miles de euros que se están perdendo por esta razón. Ribadeo non se pode permitir un goberno que despilfarra recursos propios, que tira ao lixo as axudas que se lle conceden e que ten ao concello unha parálise total. Desde este grupo municipal demandámoslle ao PP que deixen de buscar escusas para xustificar a súa incompetencia e se poñan a traballar dunha vez no importante”, conclúe.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



