Barreiros, 29 de outubro de 2025. O pavillón municipal de Barreiros acollerá o sábado -1 de novembro – as finais de Segunda Masculina e Primeira Feminina da VI Copa Deputación de Fútbol Sala. Trabada- Meigallos (17.00 horas) e Ribeira FS -Praias de Barreiros CB (19.30 horas)
Os encontros, con entrada gratuíta, pecharán a competición promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que comezou o pasado mes de setembro e na que participaron 41 equipos femininos e masculinos.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o deputado de Mocidade Daniel García e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida convidaron a asistir aos encontros, con entrada de balde, como todos os que se xogaron no marco desta competición de ámbito provincial.
Trabada Futsal, Meigallos B e Praias de Barreiros xogan por primeira vez unha final da Copa Deputación, que se presenta como un banco de probas para os equipos de cara ao inicio das ligas. O Ribeira FS, pola súa banda, xoga pola a sùa terceira final consecutiva.
Efrén Castro e Daniel García subliñaron que “o fútbol sala ten un peso moi destacado no deporte lucense, cunha ampla representación incluso en categorías estatais, e un dos obxectivos da Copa é xenerar oportunidades de competición e mellora deportiva para os clubs que están na base dese tecido deporto”
A alcaldesa Ana Ermida valorou “a celebración das finais en Barreiros, especialmente a feminina, como unha oportunidade para visibilizar, máis aló dos traballos finais, o traballo de promoción do fútbol sala feminino que ven facendo o Praias de Barreiros e a tradición de fútbol sala en Barreiros e na comarca da Mariña”
As finais de Barreiros completarán a tríada de equipos campións de Copa tras a final de Primeira Masculina que se xogou o pasado martes no Pazo Municipal de Deportes de Lugo, na que o Lugo Sala B gañou ao Ribeira FS.
Unha competición única en Galicia
A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros que se distribúe entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas, polo que supón tamén unha fonte de financiamento adicional para os clubs.
Lugo é a única provincia que conta cunha Copa propia, despois de que en 2019 a Vicepresidencia da Deputación apostase en poñer en marcha a competición, que ofrece ao fútbol sala un espazo de promoción similar ao do fútbol campo.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



