Viveiro, 1 de novembro, 2025. Os socialistas explican que a Rúa do Porto en Celeiro é a fachada marítima máis emblemática do núcleo, un espazo clave para a identidade de Celeiro, onde se concentra a hostalería e o tránsito cara ó Porto.
“Durante o anterior mandato, sendo alcaldesa María Loureiro García, o Concello de Viveiro xestionou e asinou un convenio coa de Deputación de Lugo, que fixo posible a remodelación integral da Rúa do Porto, unha obra histórica e moi demandada pola veciñanza. Unha obra moi necesaria, xa non só dende o punto de vista estético senón tamén para solucionar os problemas que viñan sufrindo de corte de auga hai anos tanto a hostelería como tamén os veciños da Rúa do Porto”.
O investimento total ascendeu a 680.704,78 euros, dos cales a Deputación de Lugo achegou máis de 544.000 euros e o Concello de Viveiro contribui arredor de 136.000 euros. A actuación supuxo unha intervención integral, con renovación de pavimentos, beirarrúas, abastecemento, saneamento, rede de pluviais, iluminación pública, telecomunicacións e mobiliario urbano, mellorando a imaxe e a funcionaledade da fachada marítima de Celeiro, e que lle deu sen dúbida unha nova imaxen a dito enclave.
Unha vez finalizada esta intervención principal, queda pendente a parte das beirarrúas, situadas enfronte á zona xa renovada, así como zona de rodadura, e que pertence ó dominio de Portos de Galicia.
A súa mellora permitiría completar visual e funcionalmente toda a fachada marítma, culminando así a recuperación urbana e estética de Celeiro.
Non seu momento, desde o Concello de Viveiro xa se propuxo a Portos de Galicia que asumise esa parte da actuación, ofrecéndose o propio Concello a elaborar o proxecto técnico necesario.
A valoración inicial a groso modo por parte dos técnicos municipales situaba o custo da obra en torno a 300.000 eur., una cifra moi inferior a actuación que fixo o Concello, xa que non sería preciso actuar sobre as redes de servizos, senón únicamente renovar as beirarrúas e o pavimento.
Por todo isto, “considérase oportuno instar a Portos de Galicia para que execute ou financia directamente esa mellora, completando a intervención iniciada polo Concello e a Deputación e rematando así a imaxe urbana da fachada marítima de Celeiro, é por elo que o Grupo Municipal do Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Viveiro somete á aprobación polo Pleno da Corporación Municipal, esta moción, propoñendodo a adopción dos seguintes acordos”:
1. Instar á alcaldesa de Viveiro a solicitar formalmente a Portos de Galicia a execución e mellora das beirrarúas pendentes, asi como a zona de rodadura, na Rúa do Porto de Celeiro, correspondente ao dominio público portuario.
2. Dar traslado de este acordo á Presidencia de Portos e áConsellería do Mar, para o seu coñecemento e efectos oportunos.



















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



