Barreiros, 2 de novembro de 2025. Praias de Barreiros e Meigallos B proclamáronse este sábado en Barreiros equipos campións da VI Copa Deputación de Fútbol Sala nas categorías Feminina e Segunda Masculina.
O pavillón municipal barreirense encheuse para seguir os partidos que puxeron o peche ao torneo, patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Na final feminina, o Praias impúxose ao Ribeira FS nun partido igualado, que as barreirense inclinaron definitivamente do seu lado nos minutos finais, 3-4.
Na final de Segunda Masculina, o Meigallos B venceu ao Trabada Futsal, cun resultado, 5-6, que se axustou no treito final, despois de dispoñeren os sarriaos dunha ventaxa de ata 3 goles ao longo do encontro.
O deputado de Mocidade Daniel García felicitou destacou “a gran motivación coa que todos os equipos chegaron ás finais” e “o seguimento dos partidos e o bo ambiente no pavillón ao longo da tarde”. Na mesma liña, valorou a “celebración das finais en Barreiros como un recoñecemento á tradición de fútbol sala, especialmente feminino, na Mariña”
A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros que se distribúe entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas, polo que supón tamén unha fonte de financiamento adicional para os clubs.
Lugo é a única provincia que conta cunha Copa propia, despois de que en 2019 a Vicepresidencia da Deputación apostase en poñer en marcha a competición, que ofrece ao fútbol sala un espazo de promoción similar ao do fútbol campo.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


